SobrosoParty 2011


Hoxe sábado ás 18 horas repetimos o laboratorio de Android “A Miña Primera Aplicación Android” na SobrosoParty no Pavillón Municipal de Ponteareas. Neste taller usaremos como exemplo a aplicación WikiPlaces para explicar cales son os pasos da creación dunha aplicación Android, dende a instalación do SDK e a configuración do Eclipse ata a súa publicación no Android Market.

Esta aplicación ten moitos exemplos de cousas típicas na programación de Android:

  • Deseño de layouts
  • Obte-la ubicación
  • Amosar un mapa e usar overlays para representar información sobre él
  • Amosar unha lista utilizando adapters
  • Obter datos de servidores externos
  • Usar intents para lanzar outras aplicacións dende a nosa
  • Introducción de Anuncios de AdMob

Tentaremos condensa-lo taller en dúas horas que é pouco tempo, xa que no último LabAndroid en Málaga seis horas non chegaron para moito, pero como creo que non vai haber nen enchufes nen ordenadores para todos tentaremos facelo un pouco máis xeral.

Para asistir a este taller non fai falta estar incribito na SobrosoParty (que ten só 300 plazas), con dicirlle a persoa de seguridade que se vai asistir ó taller de Android non debería haber problema en pasar.

Notas de prensa: